Identidade, cultura e diálogo para construír o futuro | Concello de Pontevedra

O Pazo da Cultura acolle hoxe e mañá o VI Encontro Galego das Escolas Asociadas á Unesco “Identidade, Cultura e Diálogo” no que participarán de xeito activo 168 alumnas e alumnos de 12 a 18 anos, estudantes dende 2º de Primaria a 1º de Bacherelato), xunto con 20 docentes e acompañantes. O encontro tamén contará con observadores: cinco membros da Universidade do Baixo Miño.

Orixe: Identidade, cultura e diálogo para construír o futuro | Concello de Pontevedra