Felicitamos os gañadores de Ponteciencia

As alumnas e alumnos gañadores do Ponteciencia de 2016 foron:

– CEIP San Martiño, primeiro premio da categoría “Ciencia no cole” con proxectos sobre o almidón, sementes, combustión e degradación do ferro.

– CEIP de Ponte Sampaio, segundo premio da categoría “Ciencia no cole” con proxectos sobre froitas “eléctricas”

– CEIP San Benito de Lérez, terceiro premio da categoría “Ciencia no cole” con proxectos sobre o ferro, a invisibilidade dos obxectos e a anatomía da boca.

Na categoría de “Ciencia en Familia”
– Familia Ayude Tilve
– Familia Rivas Otero
– Familia García González


A FANPA envíalles o seu agradecemento a todos os rapaces, profesores e pais que participaron e unha felicitación a todos os gañadores que serven de estímulo para as vindeiras edicións.

O acto de entrega tivo lugar o pasado 4 de xuño contando coa presenza de representantes da FANPA, Concello de Pontevedra, Universidade de Vigo.