FANPA e Club de Golf Chan do Fento asinan un convenio de colaboración

Co fin de promover actividades lúdicas e deportivas enfocadas no golf, o club poñerá a disposición das ANPA asociadas coa FANPA os recursos técnicos, humanos e as instalacións para que poidan ser aproveitadas tanto polos alumnos como polos seus familiares para iniciárense nesta modalidade deportiva, mediante distintas modalidades dispoñíbeis:

  • Golf como actividade extraescolar: preparase un espazo nas instalacións dun centro de Pontevedra de modo que as clases se poidan integrar no programa de actividades extraescolares.
  • Campus de golf:  a inscrición no campus gozará do mesmo prezo que no caso de estar aboados do campo de golf de Meis.
  • Escola infantil de golf: os socios de ANPA federadas poderán inscribirse nas mesmas condicións cós aboados do campo de golf.
  • Charlas de divulgación sobre as vantaxes da práctica do golf: o club ofrece impartir charlas directamente nos centros interesados en coñecer as virtudes que este deporte supón para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

Con este convenio, a FANPA poderá ofrecervos información sobre actividades e iniciativas vinculadas coa práctica deste deporte.

Contacto:

Agrupación Deportiva Chan do Fento
Campo de Golf de Meis
Silván  da Armenteira, s/n
36192 Meis
Pontevedra
986 680 400
607182952

Comentarios0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*