Eureka, programa de enriquecemento para alumnado con altas capacidades

O Programa EUREKA, que parte da atención ás Intelixencias Múltiples, ten coma finalidade atender ás necesidades educativas e psicosociais do alumnado con altas capacidades.

Consideramos que o motor da aprendizaxe debe partir da implicación dos rapaces e das rapazas e, para que esta implicación sexa real e significativa, entendemos que se lles debe proporcionar un espazo libre e enriquecedor que permita: a toma de decisións flexible, a superación de retos, a investigación, a adquisición de habilidades e a resposta a necesidades individuais e grupais.

Tendo en conta isto e as posibilidades das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, partiremos do seu aproveitamento para a construción dun espazo de comunicación fluída no que elaborar un proxecto común.

Deste xeito, os aspectos xenéricos que imos traballar serán:

  • Cooperación e traballo en equipo: transmitir que sumando esforzos chegamos máis lonxe, que as dinámicas que se xeran nun equipo contribúen tamén ao desenvolvemento individual.
  • Autoestima: Traballar a auto estima como maneira de aprender a xestionar os fracasos e os éxitos na vida.
  • Auto descubrimento: traballar na idea de que o alumnado debe procesar as experiencias, vivilas, e aprender a xestionalas de maneira cada vez máis autónoma.
  • Creatividade: favorecer que o alumnado dispoña de recursos e ferramentas para que integre unha visión creativa no desenvolvemento dos traballos e as actividades en xeral.
  • Pensamento diverxente: aprender que moitas veces hai máis dunha solución aos problemas. Romper co esquema “problema A – solución B” para entrar nunha dinámica de busca de múltiples solucións alternativas.
  • Pensamento crítico: reforzar a capacidade de cuestionar de xeito razoado e argumentado aquilo establecido socialmente.

Información e contacto:

FANPA Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org
ANIAS: r/ Echegaray 39 baixo, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es

  • CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE: CEIP Praza de Barcelos
  • DESTINATARIOS: Primaria e 1º e 2º de Secundaria
  • HORARIO: Venres, de 18.00 a 19.30

Ficha de inscrición

ficha de inscrición Eureka 2019-20

Información da táboa de prezos

Táboa de prezos do Programa anuais curso 2019-20

 

Comentarios0

Deixa unha resposta