Escolas Deportivas Municipais 2011/12, Concello de Pontevedra

Prezo de inscrición é de 45 euros/anuais por neno/a en cada unha das escolas que participe.
 

Información e Inscricións:  oficinas do Instituto Municipal de Deportes,  no Pavillón Municipal  (horario de 9 a 13 horas ou de 16.30 a 20.00 horas, de luns a venres) , teléfono 986 87 20 13.

Son 16 as disciplinas deportivas: Atletismo, Educación Física de Base, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Fútbol Sala, Judo, Ximnasia Artística e Trampolín, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis, Tenis de Mesa, Loita olímpica, Voleibol, Xadrez, Triatlón e Rugby.

A organización das escolas corre a cargo de 28 asociacións deportivas do noso Concello, especialistas cada unha delas na modalidade deportiva que desenvolven.