En ruta coa DEPO – Programa de excursións da Deputación de Pontevedra 2020

En ruta coa Depo

https://www.depo.gal/en-ruta-coa-depo

“En ruta coa Depo” ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra a entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.

Entidades beneficiarias

Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.

As entidades terán a posibilidade de presentar a súa solicitude de forma conxunta, de acordo co establecido na base cuarta.

Só se concederá unha ruta por entidade e NIF, solicitada de forma individual ou conxunta.

Ofertarase un total de 32 rutas por lugares emblemáticos da nosa provincia, que figurarán no catálogo  e un máximo de 20.000 prazas, das que 400 son gratuítas.

Prazo de presentación

As solicitudes poderán presentarse do 4 ao 24 de febreiro de 2020.