En Pontecesures Comezo do taller de Scrap – Nadal 2013

 

O pasado Xoves 26 de Decembro comezou o Taller de Scrap – Nadal 2013 en Pontecesures, e organizado pola Fanpa Pontevedra (Delegación Ulla-Caldas), e que contou coa colaboración do Concello de Pontecesures, a Anpa Infesta , a Asociación de comerciantes de Pontecesures, e diversos comercios da mesma localidade, como a Librería Cativos, Librería Manola, Ferretería Moncho, Ferretería Hermanos Castro, e Chupa-chups.

Cada neno participante realizou diversas actividades relacionadas co Nadal, un centro navideño, unha tazón do leite personalizado, unha tarxeta de Nadal ou unha libreta de recortes coa técnica do Scrapbooking. A idade dos nenos e entre os 5 e os 13 anos separados por idades.

Na apertura de dito taller contouse coa presenza do Vicepresidente en funcións da Fanpa Pontevedra, Jorge Pérez e co Concelleiro de Educación do Concello , Roque Araújo.

Dende a FANPA Pontevedra , o seu Vicepresidente en funcións , Jorge Pérez, quere agradecer a todos a súa implicación nesta actividade, tanto ao Concello coma aos demais establecementos colaboradores , por apoiar este tipo de actividades cos nenos favorecendo a conciliación familiar e laboral, e potenciar as actividades artísticas dos nenos.

Cartel

pontec-1.jpg

pontec_2.jpg