Debate-parlamentarios.png

Debate-coloquio sobre educación cos voceiros de parlamentarios

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, convoca un deba-coloquio cos voceiros dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia. Co título «Perspectivas da Educación en Galicia», a Plataforma, organiza un acto público, en formato de debate-coloquio, cos voceiros parlamentarios do PP, PSOE, AGE e BNG. O acto será moderado por Mariló Candedo, presidenta do movemento de renovación pedagóxica «Nova Escola Galega» e vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Este acto público, será o vindeiro xoves, 26 de novembro, ás 18:30 horas, en Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Educación da USC, (Campus Vida). Debate-parlamentarios.png