Curso de técnicas de estudo, edición especial para xuño de 2020

NOTA DE CANCELACIÓN

(1 de xuño de 2020)
Debido a que non seu cubriu o cupo mínimo para a realización da actividade, cancélase o Curso.

DESCRICIÓN

As técnicas de estudo son unha parte elemental e de gran importancia á hora de aprender. Xa que permiten ordenar o traballo, aproveitar os recursos dispoñibles do mellor modo e desenvolver novas formas de enfrontar o coñecemento cara ao futuro. Cando falamos de técnicas de estudo facemos referencia ás estratexias que permiten que os estudantes poidan obter os mellores resultados a partir do desenvolvemento de diferentes habilidades ou aptitudes que lles permitan encarar mellor cada actividade ou tarefa. Ademais, as técnicas de estudo serven para poder render extraordinariamente nun exame e para comprender de forma óptima os temas.

DESTINATARIOS

O OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO está dirixido a estudantes de entre 10 e 15 anos.

DURACIÓN E ORGANIZACIÓN

O OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO levarase a cabo en 8 sesións semanais cunha duración de 90 minutos cada unha. Os participantes dividiranse en grupos reducidos en función dos seus coñecementos previos sobre técnicas de estudo:

GRUPO 1: OBRADOIRO AVANZADO DE TÉCNICAS DE ESTUDO*
GRUPO 2: OBRADOIRO DE INICIACIÓN DE TÉCNICAS DE ESTUDO
*Ao OBRADOIRO AVANZADO DE TÉCNICAS DE ESTUDO pódense apuntar todos aqueles estudantes que cursaran anteriormente o Obradoiro de Técnicas de Estudo impartido na FANPA no curso 2018/2019 ou no curso 2017/2018.

CONTIDO DAS SESIÓNS

Os alumnos y alumnas cubrirán unha proba de avaliación de técnicas de estudo e entregaráselles un informe personalizado cos seus puntos fortes e débiles á hora de estudar. Ademais nas sesións traballaranse as seguintes técnicas de estudo:

  • Organización del estudo
  • Realización de apuntes
  • Comprensión lectora
  • Subliñado
  • Resumen
  • Esquema
  • Regras mnemotécnicas
  • Realización de debuxos
  • Mapas mentais
  • Test
  • Brainstorming ou Choiva de ideas
  • Palacio mental ou Método Loci

No caso de aqueles estudantes que participen no OBRADOIRO AVANZADO DE TÉCNICAS DE ESTUDO, a proba avaliativa serviralles para comparar os seus resultados cos obtidos no anterior curso. Ademais, no OBRADOIRO AVANZADO DE TÉCNICAS DE ESTUDO, traballaranse as técnicas de estudo anteriormente citadas dunha forma máis profunda e, a maiores, abordaranse os seguintes temas:

  • Repaso estudo
  • Actividades para mellorar a atención
  • Relaxación e autocontrol
  • Exercicios mentais para mellora a memoria
  • Realización de traballos escritos
  • Realización de traballos en grupo

OBXECTIVOS

Ao longo do desenvolvemento das sesións preténdese lograr os seguintes obxectivos:

  • Sensibilizar aos xóvenes sobre a importancia do estudo para a súa aprendizaxe.
  • Fomentar a motivación dos estudantes.
  • Aprender técnicas de estudo adaptadas a cada alumno/a e a cada situación e contexto de aprendizaxe.
  • Coñecer as condiciones e destrezas que interveñen na tarefa de estudar.
  • Adestrarse no uso das técnicas de estudo.
  • Aplicar as técnicas aprendidas ao estudo persoal.
  • Aplicar o estudo persoal ás diferentes áreas.
  • Desenvolver as capacidades individuais para a aprendizaxe.
  • Identificar o estilo propio de aprender e aplicalo no estudo.
  • Experimentar a aprendizaxe como unha actividade que require un esforzo que está relacionado cos resultados a alcanzar.

METODOLOXÍA

Durante as sesións axudarase aos participantes a construír a aprendizaxe, promovendo o pensamento diverxente e potenciando a comunicación. Seguirase una metodoloxía activa e participativa, onde os participantes serán os principais protagonistas. Crearanse espazos dinámicos nos que prime un clima activo e cooperativo. As actividades para ensinar as diferentes técnicas de estudo adaptaranse a cada grupo, tendo en conta o desenvolvemento evolutivo e as diferentes necesidades educativas.

PREZO POR ASISTENCIA

  • Socios de ANPA federada na FANPA: 15€/mes
  • Non socios de ANPA federada na: 25€/mes

No prezo inclúense as fotocopias necesarias para traballar en cada sesión.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN
Os obradoiros levaranse a cabo en 8 sesións, no local da FANPA os MARTES E XOVES do mes de xuño. Iniciación de 10 a 11.30 horas e avanzado de 12 a 13:30 horas.

DATAS E MÉTODO DE INSCRICIÓN
Entregar a ficha de inscrición presencialmente na oficina da FANPA ou a través do correo electrónico á dirección actividades@nontedurmas.org antes do 1 de xuño.

Descargar ficha de inscrición para cubrir

PDF
ODT
DOCX

 

 

Comentarios0

Deixa unha resposta