Curso de ofimática para Xuntas Directivas de ANPA e asociados.

 Continuamos co plan de formación para as ANPA iniciado no curso 2009/10 e que continuamos no curso 2010/11, neste caso coa  colaboración das ANPA de Marín. Estes cursos de software libre e estándares abertos terán lugar nos vindeiros 15 e 22 de xaneiro na biblioteca do telecentro de Marín (Avda Ourense 8) .

Os cursos serán impartidos por GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) da man de Miguel Bouzada e terán unha duración de 8 horas, distribuídas de 10:00 a 14:00 hrs e de 16:00 a 20:00 hrs.

O curso está limitado a un grupo  de 10 persoas, por orde rigoroso de inscrición, poden inscribirse por correo-e ou por teléfono, pero adquiren o compromiso de asistir ou anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

Sesión de mañá cos seguintes contidos:

  • Procesador de texto+folla de cálculo= 4 horas

Sesión de tarde:

  • Elaboración de presentacións +xestión de correo e mensaxería instantánea= 4 horas

  • Temario