Culturgal 2012

Culturgal é a gran casa da cultura galega. Un fogar humilde, pero fermoso, porque é o noso,construímolo entre todos e todas con esforzo e
ilusión. É unha entidade viva á que lle tocou medrar nunha época dura, marcada pola austeridade e polos recortes. E por iso este ano nesta casa falta algún moble, algún trebello eadorno. Ao mellor non vos dades conta, porque o
enorme talento dos creadores e creadorasgalegas oculta a súa ausencia, pero é importante que saibades que é así. Non haberá, xa que logo,
luminaria nin fogueteiro, pero festa vai haber.
Haberá música, literatura, cine, televisión, teatro,danza, circo, maxia, novas tecnoloxías… e un mundo infinito de conexións entre elas. Serán tres
días de diversión asegurada para toda a familia.

Folleto informativo