Creando hip hop

Obradoiro de hip hop con Aíd

Días:

Mércores 23 de decembro

Martes 29 de decembro

Horario: das 20.30h ás 21.30h

Lugar: Pazo da Cultura

Prazo de inscrición: desde o 9 de novembro ata o fin das prazas.

Dirixido a: mozos e mozas de 12 anos en diante

Inscricións: a través dos ENDL dos centros de ensino ou no Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística (Chalé Fontoira, soto); teléfono 986863157, fax 986851800, normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

Descrición:

Obradoiro de 1 hora dirixido pola cantante Aíd, co apoio dun Dj e dunha grafiteira. Traballarase na creación de rimas, como esas rimas con música se converten en cancións e como esas cancións se converten en debuxos. Realizaranse graffitis relacionados coas cancións.


Este obradoiro é unha actividade da campaña de dinamización do uso da lingua Bocaberta

Organizan: Concello de Pontevedra, Concellaría de Normalización Lingüística e Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística. Colabora: Pazo da Cultura de Pontevedra

 

Ficha de inscrición