Conta comigo 2016

Nota de actualización do 27 de maio

A  saida de Kaiak e Hípica desta fin de semana  anúlase por previsión de mal tempo

Nota de actualización do 26 de maio

O roteiro Pontes do Lérez (Forcarei)  previsto para sábado 28 maio pasa a realizarse o vindeiro 4 de xuño

Nota de actualización  do 25 de abril

Lembrámosvos que o vindeiro 1 de maio non hai actividades de Conta Comigo por ser o 1º de maio, festivo

Nota de actualización do 15 de febreiro de 2016

Por motivos alleos á FANPA, amplíase o remate do prazo de inscrición do 19 de febreiro ao 23 de febreiro.

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Actividades

  • Monicreques 9 anos Venres: 4, 11, 18 marzo; 1 e 15 abril. Horario: 17:30 – 19:30 CEIP Froebel
  • Robótica 6 anos Venres: 1, 8, 15, 22, 29 abril; 6, 13, 20, 27 maio e 3 xuño. Horario: 18:30 – 20:30 FANPA
  • Tiro con arco 6 anos Venres: 4, 11, 18 marzo; 1, 8, 15, 22 e 29 abril. Horario: 18:15 – 19:45 CEIP Manuel Vidal Portela
  • Construcasa 8 anos Venres: 4, 11, 18 marzo; 1, 8, 15, 22 e 29 abril. Horario: 18:30 – 20:00 CEIP Barcelos
  • Interpretando 3 anos Sábado: 2, 9, 16, 23, 30 abril; 7, 14 e 21 maio. Horario: 11:00 – 12:30 CEIP Álvarez Limeses
  • Coiro 8 anos Sábado: 5, 12, 19 marzo; 2, 9, 16, 23 e 30 abril. Horario: 11:00 – 12:30 CEIP Barcelos
  • Malabares 7 anos Sábado: 5, 12, 19 marzo; 2, 9, 16, 23 e 30 abril. Horario: 11:00 – 12:30 CEIP Froebel
  • Patinaxe inic. 3 anos Sábado: 2, 9, 16, 23, 30 abril; 7, 14 e 21 maio. Horario: 11:00 – 12:00 CEP Campolongo
  • Patinaxe perfec. 6 anos Sábado: 2, 9, 16, 23, 30 abril; 7, 14 e 21 maio. Horario: 12:15 – 13:15 CEP Campolongo
  • Hípica e Kayak 4 anos Sábado: 7, 14, 21, 28 maio; 4 e 11 xuño. Horario: 10:30 – 13:30
  • Ecoparque Atalaia (Cotobade)
  • Hípica e Kayak 4 anos Sábado: 7, 14, 21, 28 maio; 4 e 11 xuño. Horario: 16:30 – 19:30
  • Ecoparque Atalaia (Cotobade)
  • Horta Ecolóxica 3 anos Sábado: 23, 30 abril; 7, 14, 21, 28 maio; 4 e 11 xuño. Horario: 11:00 – 13:00 CEP Marcos da Portela
  • Barro 3 anos Sábado: 5, 12, 19 marzo; 2, 9, 16, 23 e 30 abril. Horario: 11:30 – 13:00 Casa Azul
  • Golf 8 anos Domingo: 3, 10, 17, 24 abril; 8, 15, 22 e 29 maio. Horario: 11:00 – 13:00 Campo de Golf de Meis
  • Surf 7 anos Domingo: 3, 10, 17, 24 abril; 8, 15, 22 e 29 maio. Horario: 11:00 – 13:00 Praia da Lanzada

Rutas

Monte Castrove e Armenteira Martes 17 maio
- Punto de encontro: 10:30 horas no mosteiro de Armenteira (transporte particular).
- Ruta duns 5,8 km. Miradoiros das rías de Arousa e Pontevedra. Petróglifo e mosteiro.

Pontes do Lérez (Forcarei) Sábado 28 maio
- Punto de encontro: 9:30 horas collemos o bus no Pazo da Cultura.
- Ruta duns 4,2 km. Senda fluvial con muíños e pontes e visita ó mosteiro de Aciveiro.

Fervenza de Segade (Caldas) Domingo 5 xuño
- Punto de encontro: 9:30 horas collemos o bus no Pazo da Cultura.
- Ruta duns 6,1 km. Xardín botánico. Antiga fábrica de papel e antiga central eléctrica.

Memoria do Lobo (Cotobade) Domingo 12 xuño
- Punto de encontro: 9:30 horas collemos o bus no Pazo da Cultura.
- Ruta duns 5,5 km. Paisaxe arborada. Visita ó antigo foxo do lobo.

Senda Barragán (Pazos Borbén) Domingo 19 xuño
- Punto de encontro: 9:30 horas collemos o bus no Pazo da Cultura.
- Ruta duns 6,1 km. Senda fluvial, acueduto e a antiga aldea gandeira do século XVIII.

Cabo Udra (Bueu) Domingo 26 xuño
- Punto de encontro: 9:30 horas collemos o bus no Pazo da Cultura.
- Ruta duns 4 km. Vistas das rías, praias, aves acuáticas e Museo de Massó.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:
- Nas actividades en familia os/as participantes menores de 6 anos teñen que ir ás actividades acompañados

Anexos

Calendario, prezos

Ficha de inscrición

Comments:2

Comments are closed. You can not add new comments.