Confirmación da matrícula para as ludotecas

Programa_LudoNadal_2015.png A FANPA comunica que todas as inscricións para o programa de Ludotecas de Nadal se realizaron correctamente. Ante o notable aumento das solicitudes que sobrepasa sobradamente as 200 prazas este ano, realizouse unha ampliación da matrícula e finalmente todas as nenas e nenos terán a súa praza na ludoteca de primeira opción solicitada. Lembámosvos que o vindeiro venres 18, ás 19.00h terá lugar na Sede da Fanpa, na rúa Xan Guillerme, 9 de Pontevedra, a reunión informativa dirixida a nais e pais. Xa que todas as solicitudes acadaron a súa praza de ludoteca non se considera necesario a publicación de listaxe explícita ou específica. “Un consello: Se realizades o pagamento directamente na oficina da conta de destino na Rúa José Malvar Figueroa, 14, Teléfono:986 84 65 10 aforrades os 3€ que cobran por transferencia !! ” Oficina de pago de Ludotecas