CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA CENTROS DE ENSINO

Convoca: Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago


Destinatarios: centros escolares de toda Galicia.

 

Obxectivos: contribuír a que se creen e difundan traballos audiovisuais para impulsar a normalización da lingua.

 

Características dos vídeos:

          realizados durante este curso

          en soporte dixital

          cunha duración máxima de 10 minutos

          en calquera formato

          con calquera xénero, focaxe…

          cunha temática en torno á promoción do uso da lingua galega

 

Procedemento para participar:

Presentar unha copia do audiovisual xunto coa ficha de inscrición no Rexistro do Concello de Santiago de Compostela e, paralelamente, envialas por correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org).

 

Prazo: ata o 2 de maio.

 

Categorías e premios:

– Infantil: 400 euros

– Primaria: 400 euros

– Secundaria obrigatoria: 400 euros

– Secundaria postobrigatoria: 400 euros

– Premio do público: 400 euros

 

Pode seguirse o día a día da convocatoria no evento creado na páxina de facebook da Concellería de Xuventude do Concello de Santiago www.facebook.com/events/676060832457099/