Concurso de receitas con historia con Arume

Queremos saber cales son as receitas que se levan na memoria, que son típicas da familia, que nos saben a “casa”, que nos trasladan e fan voar a nosa imaxinación.

Características das receitas participantes

Pódese participar con calquera tipo de receita caseira de primeiro ou segundo prato. A receita deberá incluír os ingredientes e o proceso de elaboración, así como a historia ligada a ela: quen, como, por que e en que momento se preparaba esa receita. Só se admite unha receita por participante.

Para poder participar terás que ser usuario/a do servizo de comedor, ben de forma fixa ou ben de forma esporádica, só tes que solicitarlle a ficha de inscrición aos monitores/as, e unha vez cuberta terás que entregala no comedor ou enviala por correo electrónico a:
olalla.defavorecido@arumeservicios.gal antes do día 22 de Marzo do 2019 .

Os avós ou avoas que gañen o concurso, degustarán a súa receita no comedor escolar.

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/03/concurso_arume_receitas.pdf”]