Concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

 

 Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

 

 Establécense dúas modalidades de participación: declaracións e cancións de amor.

Bases do concurso