Conciliaverán 2020

Información do servizo ás familias durante o verán que xestiona a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra e do campamento deportivo para alumnado de Secundaria.

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Datas de realización

  • Quendas semanais de setembro só en Campolongo. Do 1 ao 12 de setembro
  • Quendas quincenais de xullo e agosto en todos os centros (menos na infantil do Crespo Rivas e Xunqueira 2, limitadas ao mes de xullo)
  • Quendas mensuais de xullo e agosto en todos os centros (menos en Xeve e na Carballeira, limitadas ao mes de xullo)

Horario

A actividade cobre de luns a venres -agás festivos- entre as 9.00 e as 14.00 horas, con horario ampliado de recollida a partir das 8.30 h e ata as 14.30 horas, sen custo engadido.

Servizo complementario nos centros en que se dispón del

  • Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
  • Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
    • Uso esporádico: Deberá chamarse á empresa para avisar o día anterior no móbil: 607634413 en horario de 9.00 a 14 horas

 Nota importante: Este servizo complementario está a día de hoxe pendente de poder ofertarse debido á situación de alarma sanitaria vixente e, en caso de poder realizarse, faranse sempre e cando exista en cada quenda e local un número mínimo de comensais establecidos pola empresa e seguindo a normativa de seguridade. En caso de non cubrirse o número, os servizos serán eliminados.

Descargar as fichas para solicitar os servizos complementarios de madruga e comedor (contén os prezos e son editables directamente
    Álvarez Limeses        |     Campolongo     |      Vidal Portela

 


Descargar a ficha para inscrición presencial en PDF

Localizacións no mapa dos centros

Nota: Todas os centros previstos están supeditados a que haxa un número mínimo de asistentes. A FANPA pode reducir algunha quenda ou localización; a FANPA fornecerá nese caso alternativamente ben outro lugar ben a devolución do importe.

Prezo do Conciliaverán

(por neno e quenda)

Socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 50 €/quincena
– Mensual 65 €/mes
– Especial setembro 50€/quincena

Non socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 63 €/quincena
– Mensual 78 €/mes
– Especial setembro 63€/quincena

Privados, concertados e demais casos

– Quincenal 73 €/quincena
– Mensual 90 €/mes
– Especial setembro 73€/quincena

As familias con 2 ou máis fillos matriculados no Conciliaverán terán un desconto de 5€ por neno/a

A matrícula supón a aceptación do consentemento informado.

O pagamento do programa farase no mesmo momento da inscrición. As persoas que non fagan o pagamento telemático a través da pasarela bancaria deberán presentar a copia do xustificante de pago emitido polo banco no momento da inscrición.

Número de conta: ABANCA
ES75 2080 5403 4130 4012 0558
Concepto: (nome e apelidos do neno/a), centro escollido, quenda escollida

Aviso: Non se devolverá o pago da matrícula salvo que o programa non se poida realizar, ben polas circunstancias sanitarias, ben por non acadar o número mínimo de asistentes nalgún dos servizos contratados. A FANPA nese caso procedería á devolución íntegra.

Documentación para preparar a inscrición

Ficha correctamente cuberta e
Copias de :
– DNI da nai/pai/titor
– Tarxeta sanitaria do menor
– Volante de empadroamento

Este certificado é necesario para a inscrición. Se non o ten e non poida obtelo electronicamente, debe indicar que autoriza a que a FANPA faga a consunta no Padrón Municipal. Puntuarase unha vez que fagamos a consulta.

– (Xustificante de pago adiantado polo banco se vai facer inscrición presencial;  na inscrición telemática non é necesario)
– Acreditación de ser socio de ANPA federada
– Acreditación de ser familia monoparental
– Centro escolar onde esta matriculado ordinariamente o menor
– Vida laboral ou cabeceira da última nómina

Prazo de presentación de solicitudes

– Presencial: no local da FANPA (r/Xan Guillermo, 9 de Pontevedra) do día 8 ao 12 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 horas. Poranse computadores e persoal a disposición pública para realizar a inscrición.

Telemática: No enderezo seguro https://fanpa.gal desde as 9.00 horas do día 8 de xuño ata as 14.00 horas do día 12 de xuño sen interrupción

Formalización

– Listas provisionais de admitidos e de servizos complementarios, 22 de xuño
– Reclamacións, 23 e 24 de xuño
– Listas definitivas, 26 de xuño

Cronogramas

(este ano non se publican)


Campamento deportivo (a partir dos 12 anos)

Lugar: no CEIP Xunqueira 1

Datas de realización: Días laborables do mes de xullo e primeira quincena de agosto. En horario de 9:00 a 14:00 horas, e de 8:30 a 14:30 horas en horario ampliado.

Prazos de inscrición: Do 8 ó 12 de xuño a través do formulario que estará a vosa disposición no noso web www.nontedurmas.org, ou presencialmente nas oficinas da FANPA.

Documentación: xustificante do centro onde estuda o participante, xustificante de pago do programa (ingreso na conta ES5720805403403040102986) en caso de non facerse o pago mediante tarxeta bancaria, copia da tarxeta sanitaria do menor.

Prezos: 40 euros/quincena para matriculados en centros públicos do concello de Pontevedra. 50 euros/quincena demais casos.

Entre outras actividades practicaranse os seguintes deportes:

  • Baloncesto
  • Freesbe
  • Voleibol
  • Bádminton
  • Tiro con arco
  • Ciclismo
  • Balonmán
  • Rugby
  • Fútbol
  • Deportes de auga

Normas do servizo

1/ NORMAS ESPECIAIS

  • Os participantes deben ter ausencia de sintomatoloxía compatible coa COVID-19 (febre, tos, dificultade respiratoria, malestar, diarrea…), ou calquera outro cadro infeccioso.
  • En caso de que durante a participación nas actividades se detecte algún destes síntomas, o menor será apartado do resto do grupo e chamaráselles aos pais ou titores para que acudan a recollelo coa maior brevidade posible.
  • De darse algún caso positivo en COVID-19 nalgunha das localizacións, pecharase o centro durante o que reste de quincena. O resto de usuarios non poderán acudir a outro centro nesa quincena.
  • A entrada e saída farase dun xeito progresivo por franxas horarias e grupos de idade. (Antes do inicio do servizo publicarase a listaxe das entradas e saídas e horarios de cada centro, entrando máis cedo os maiores e máis tarde os pequenos). En caso de irmáns de diferentes idades, a familia escollerá o horario que máis se adapte ás súas necesidades tendo que ser sempre a mesma franxa horaria.

2/ MEDIDAS QUE CÓMPRE IMPLEMENTAR

PERSOAL:

  • Tomaráselle a temperatura aos traballadores ao inicio e remate da xornada.
  • O persoal contará e usará máscaras de protección nos momentos de recollida e entrega dos usuarios e para a realización de actividades en espazos pechados.
  • Contarase con xeles hixienizantes de mans á entrada dos centros e nos espazos comúns.

HIXIENE:

  • Faranse 3 limpezas diarias dos aseos utilizados polos participantes.
  • Desinfección química por parte dunha empresa especializada entre quincenas.
  • Limpeza diaria desinfectante dos espazos e do material utilizado na realización das actividades.

PARA OS USUARIOS:

  • Os participantes deben ter ausencia de sintomatoloxía compatible co COVID-19 (febre, tos, dificultade respiratoria, malestar, diarrea…), ou calquera outro cadro infeccioso.
  • En caso de que durante a participación nas actividades se detecte algún destes síntomas, o menor será apartado do resto do grupo e chamarase ós pais ou titores para que acudan a recollelo á maior brevidade posible.
  • De darse algún caso positivo en COVID-19 nalgún dos centros, pecharase durante o que resta de quincena. O resto de usuarios non poderán acudir a outro centro nesa quincena.
  • A entrada e saída farase dun xeito progresivo por franxas horarias e grupos de idade. (Antes do inicio do servizo publicarase a listaxe das entradas e saídas e horarios de cada centro, entrando máis cedo os maiores e máis tarde os pequenos). En caso de irmáns de diferentes idades, a familia escollerá o horario que máis se adapte ás súas necesidades tendo que ser sempre a mesma franxa horaria.

 

Normas en PDF

(Importante) > Consentimento informado

O período de inscrición aínda non está aberto

Ir ao proceso de inscrición

 

Comentarios0

Deixa unha resposta