Charla “Os menores ante as novas tecnoloxías”

A ANPA San Xosé do CEIP Campolongo organiza a charla Os menores antes as novas tecnoloxías, na que José Torres Meira, experto en privacidade e seguridade nas TICs, falará sobre os seguintes temas:

  1. Telefonía móbil
  2. Aplicacións de mensaxería instantánea móbil (Telegram, Whatsapp, Line, etc)
  3. Ciberbullying
  4. Sexting
  5. Grooming
  6. Redes Wireless (WIFI)
  7. Programas de descarga de contidos (P2P, torrent, etc)
  8. Redes socias
  9. Videoxogos
  10. Programas de control parental

D. José Torres Meira, ademais de de experto en privacidade, é esponsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na sección de Investigación Criminal. A súa experiencia en casos reais é extraordinaria, nun tema que nos afecta a todos como responsables da seguridade dos nosos fillos e como educadores no uso axeitado das redes sociais e das tecnoloxías da información.

Pola súa importancia a ANPA San Xosé invita a todos os pais e nais de Pontevedra para que asistan á charla, que terá lugar o día 4 de novembro de 2015 ás 20:30 h, no salón de actos do CEIP Campolongo, e terá unha duración de entre 60 e 90 minutos, ao longo dos cales poderemos preguntar ao relator calquera cuestión relativa ao tema da ponencia.

Faga clic na imaxe para ampliar Cartel_charla_Jose_Torres_Meira.jpg