Charla obradoiro método UCMAS de cálculo mental

Estimadas ANPA:

Dende a FANPA Pontevedra convidámosvos  a  que participedes  nunha charla/obradoiro dirixida a pais/nais e profesores/as  sobre o Método UCMAS  de cálculo mental para nenos e nenas de 5 a 13 anos que se vai  celebrar o vindeiro venres 1 de xuño ás 20:00 horas  no CEIP Vidal Portela en Pontevedra.

As persoas interesadas só teñen que chamar de 9:30h a 13:30h ó nº telf 986 84 34 12 ou enviar un e-mail a: actividades@nontedurmas.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono.

Achegámosvos cartel e folleto explicativo para que poidades facer a maior difusión posible no voso centro escolar.

Un cordial saúdo,

Folleto informativo