Charla informativa sobre o Podcast e a web 2.0

O vindeiro 16 de novembro ás 19:30 hrs no seminaro 3 do Pazo de Cultura haberá unha charla informativa para explicar o funcionamento do podcast e o web 2.0 para alumnado da ESO e Bacharelato.

 

Todos os/as interesados/as poden inscribirse chamando ao teléfono 986 843 412 ou por mail en actividades@nontedurmas.org.



 

O Podcast consiste nunha producción dun arquivo multimedia (neste caso de audio) que estará a disposición dos/as usuarios/as en Internet.

Os obxectivos deste curso é, abrir a posibilidade os/as alumnos/as para coñecer a radio, poder facer as súas programacións, empregando ferramentas comunicativas características deste medio: a palabra (redacción e locución), música, efectos de son e silencio. Aprenderan a gravar no ordenador os seus programas e practicarán no uso de Internet e a WEB 2.0 etc.

Destinatarios/as:  alumnos/as de ESO e Bacharelato.

Organización: Tres obradoiros de 20 horas:

1º  Presentación xeral do medio.

2º  Aprender a elaborar o seus propios programas.

3º   Crear unha programación.

 

Prezo: 1 HORA Á SEMANA. 20 EUROS/MES PARA UN GRUPO MÍNIMO DE 10 ALUMNOS/AS. O PREZO BAIXARÍA CONFORME O GRUPO AUMENTE.

Días e horario: Unha vez reunido un grupo mínimo , terase unha reunión para concretar días e horario.