Campamentos polideportivos Príncipe Felipe 2020

O campamento en pensión completa realizarase no Centro Príncipe Felipe

Este programa, conformado por seis quendas, ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. O campamento incorpora saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 17 de marzo. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal).

O número de prazas ofertadas é de 50 por quenda e o seu prezo será de 125 euros por nena ou neno, habendo un desconto do 20% para familias numerosas con tres fillos ou fillas e dun 30% para familias numerosas con máis de 3 fillos ou fillas. As prazas adxudicaranse mediante un sorteo cuxa data e o resultado publicaranse na web.

Tramitación en sede.depo.gal

  • Bases (BOPPO 24/02/2020)

Prazo: 15 días

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/02/24/2020009994

descargable_campamentos_polideportivos - galego