MOURISCADE-LALÍN

CAMPAMENTO FANPA COUNTRY SIDE 2012

IMPORTANTE

Todo o alumnado prematriculado está aceptado,non se fai publicación de listaxe por falta de autorizacións de cesión de datos.

Deben cubrir a folla de matrícula anexa, e envíala por mail a actividades@nontedurmas.org ou por fax ao 986 843 412, como data límite o venres 15/06/2012 ás 12:OO hrs, achegando o xustificante do ingreso bancario.

Estimadas ANPA:

Dende a Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra, queremos presentarvos, por terceiro ano consecutivo, o programa educativo FANPA COUNTRYSIDE CAMP, un Campamento de Inmersión Lingüística en inglés, para os/as alumnos/as da ESO e Bacharelato dos Centros da Provincia de Pontevedra.

Ofertamos a posibilidade de vivir 24 horas en inglés, os sete días da semana. Pensamos que a través dos Campamentos, as competencias lingüísticas que o alumnado adquiriu ao longo do curso poden ser postas en práctica mediante a contextualización dos contidos lingüísticos e non lingüísticos, proporcionando os/as rapaces/zas unha situación de inmersión na lingua inglesa.

As familias pertencentes a ANPA asociadas á FANPA terán subvencionado parte do custo do citado campamento, a continuación indicamos as distintas cotas:

PREZOS:

205.00 € neno/a socio/a ANPA federada.

265.00 € non socio/a e de ANPA non federadas.

325.00 € neno/a colexios concertados.

Gustaríanos que informedes aos pais/nais do voso centro e publicitedes esta actividade.

Para calesqueira información, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

Nos vindeiros días anexaremos a ficha de inscrición e indicaremos toda a documentación precisa para participar no citado campamento.

                      MOURISCADE-LALÍN

COMO CHEGAR A MOURISCADE

 

11.jpg

12.jpg

13.jpg

 

 

cartel

Programacion e organigrama

Preinscrición doc

Preinscrición pdf

 

Sección de recordos e bos momentos do campamento do verán do 2011.

 

MENÚ CAMPAMENTO Menú

MATERIAL Material que deben levar os participantes

Compartir: