AXUDAS ESCOLAS VIAXEIRAS PARA O 2010

Orde do 23 outubro de 2009 pola que se convocan axudas para a realización de escolas viaxeiras durante o ano 2010.

As escolas viaxeiras cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o neno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co profesor e outros compañeiros, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral, ao coñecer diferentes lugares, xentes, terras, costumes, historias e recursos.

DOG 5/11/09