Aventuras en familia

O programa de “Aventuras en familia” é unha iniciativa da FANPA aberta a todos os socios da Federación para realizar actividades atractivas para toda a familia, cun sentido de participación e convivencia en grupo,  polo que todos os participantes deben ter a idea de colaboración, responsabilidade e sentido de comunidade co fin de gozar plenamente.

Tirolinas (20 prazas)

Quendas:

Ás 10.00 horas (comeza ás 10.30 horas)

Hai vestiarios e recoméndase levar roupa deportiva apropiada

Nota:
-xa non quedan prazas para  ningún día

Kayak (20 prazas)

Quendas:20

  • 16.00 horas (comeza a actividade as 16.30 horas)
  • 18.00 horas

Hai vestiarios e recoméndase levar muda

Paintball (20 prazas)

Quendas:

  • 16.00 horas
  • 18.00 horas

Kayak, Pádel e Cable Sky (24 prazas)

Quendas:

  • Día 20 de maio
  • Día 27 de maio

Horario:

Pódese levar a comida ou encargala no sitio, a un custo de 10€ (que se aboará en efectivo no propio lugar).

Cómpre levar bañador, toalla; de ser posible o ideal é dispoñer de neopreno

 

 

Método de inscrición:

Actividade/s nas que se solicita inscrición:
Día/s que solicita
Quenda que solicita
Nome completo do/s adultos (nai/pai etc):
Teléfono de contacto:
Nome de fillo/s ou fillas + idade:
Socio de ANPA si/non
Deberá enviarse un xustificante como unha foto do carné da ANPA ou recibo como anexo no correo
Notas : Poderá indicarse aquí cuestións de enfermidades/ circunstancias psicofísica especiais/ alerxias ou o que consideredes oportuno comentar.
  1. Unha vez que vostede envíe o correo, responderáselle coa confirmación da reserva, en tanto haxa prazas dispoñibles, e a indicación da cantidade que deberá ingresar.
  2. Para proceder ao pago deberá ir a  a través da nosa plataforma de pagos seguros (https://fanpa.gal/actividades), introducir a cantidade e proceder ao pagamento polo método da súa elección: tarxeta de crédito u transferencia bancaria (manterase a reserva ata un prazo de 48 horas, tras recibir a resposta de correo de parte da FANPA).

Pagamento de ‘Aventuras en Familia’

 

Nota:

Coma noutras ocasións, unha vez inscritos na actividade, non se devolverá a contía de inscrición a non ser que non se poida asistir por enfermidade ou causa análoga debidamente xustificada.

No caso de facer a transferencia bancaria en persoa, recoméndase facer o ingreso na oficina  propia da conta bancaria correspondente para evitar custos  adicionais (Oficina de ABANCA, Rúa José Malvar Figueroa, 14 – Pontevedra)

Descargar en PDF

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/01/aventuras-familia-2017_wed.pdf” title=”aventuras familia 2017_wed”]