Información para nais e pais sobre o Conciliaverán 2020

A seguinte gravación, realizada por Anias, empresa adxudicataria do programa Conciliaverán 2020 da FANPA está dirixida aos inscritos no programa de ludotecas de verán “Conciliaverán 2020” en calquera dos centros e períodos da súa realización. A duración da gravación non chega aos 10 minutos.

Debido a que non se considera conveniente facer a tradicional reunión presencial de presentación e explicación do funcionamento diario do Conciliaverán 2020, publicamos unha gravación para tentar resolver dúbidas.

Cremos que resulta máis accesible para todos realizar esta comunicación só con son.

Temas tratados por orde:
– Medidas hixiénico-sanitarias (0’54”)
– Organización dos grupos de nenos (4’28”)
– Organización dos espazos (6’39”)
– Programación de actividades (8’57”)
– Horario (8’24”)

Se, tras escoitalo, ten algunha dúbida, deixe unha mensaxe nesta publicación que será respondida pola FANPA.