A inicio desde << Actividades           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Xornada “pacto pola educación”

22
mar
Actividades

O pasado 27 de xaneiro, o Ministro de Educación presentou o documento “Propostas para un Pacto Social e Político pola Educación”. Estas propostas baséanse, en parte, nos informes dos Consellos Escolares do Estado e das Comunidades Autónomas e abarcan desde a Educación Infantil ata a Universidade, marcando uns obxectivos a longo prazo.

Para levar a cabo os cambios que se pretenden, é imprescindible a implicación de todos os sectores afectados: administracións, partidos políticos, comunidades educativas, pais e alumnos.

Desde CONFAPA-GALICIA queremos ofrecer aos nosos asociados a posibilidade de coñecer e debater este documento e para iso organizamos unha Xornada na que participarán representantes do Ministerio e da Consellería de Educación, do profesorado e dos pais o vindeiro 10 de abril de 2010.

O programa consiste en establecer dúas sesións de mañá e tarde, con comezo ás 9,30 horas e finalización ás 18,00 que quedaría como segue:

9,30 horas  Entrega de documentación
10,00  Director Xeral do Ministerio de Educación
11,30  Pausa-café
12,00  Secretario Xeral da Consellería de Educación
13,30  Presidentes de CEAPA e CONFAPA-GALICIA
14,30  Comida
16,30  Mesa con representantes dos Sindicatos do profesorado
18,00  Clausura

Unha vez que teñamos os programas definitivos farémosvolos chegar.

Poderán asistir 3 persoas por ANPA, sendo a cargo de CONFAPA o café e a comida.

Poden descargar a “Folla de inscrición”, que debedes enviarnos cumprimentada antes do 5 de abril. Dado que o aforo é limitado, teremos en conta a orde de chegada para facer a reserva de prazas.

Word - 22 KB
Folla de inscrición


A todas as persoas que se inscriban e así o desexen, enviarémoslles o “Borrador das Propostas” á ANPA por se queren ter información previa á xornada.



moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0