Acto de clausura do Observatorio socioeducativo con José Luís Pazos, presidente de CEAPA

O vindeiro 1 de abril teremos ao presidente de CEAPA en Pontevedra, no acto de clausura da I Edición do Observatorio Socioeducativo “Inspira” que vén celebrando as súas sesións todos os sábados na Biblioteca Pública de Pontevedra en virtude do programa de voluntariado cultural que impulsa

As sesións do Observatorio pódense seguir en vivo pero tamén a través do seu blog: http://observatorioinspira.blogspot.es/

O tema sobre o que disertará o José Luís Pazos son os deberes escolares, tema sobre o que CEAPA impulsou unha “folga educativa ” hai uns meses que conseguiu poñer sobre a mesa o debate sobre o seu valor, viabilidade e condicións.

A clausura terá lugar o sábado, 1 de abril, a partir das 11.30 na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra.


Alí estaremos, e agardamos a vosa asistencia.