Actividades de creación tecnolóxica 2018-2019

Presentamos a oferta de dúas actividades que en parte son continuidade de cursos anteriores.

  • Creación mediante programación
  • Clube de ciencia e tecnoloxía

Creación mediante programación

O obxectivo deste obradoiro é o de achegar as novas tecnoloxías aos nenos e nenas, desde unha perspectiva creativa con actividades que lles permitan crear os seus propios proxectos.

Idade: de 8 a 12 anos.

Duración: sábados, desde outubro a maio de 10:30 a 12:00 horas

Primeiro trimestre (outubro-decembro). Scratch: crea un videoxogo.

Os alumnos aprenderán fundamentos de programación, retoque de imaxes, gravación e utilización de son co obxectivo de realizar un videoxogo con son e animacións e compartilo na Internet.

Para alumnos de 1º ano

Segundo trimestre (xaneiro-marzo). Deseña unha app para a túa tableta

Neste período traballarán as bases da programación utilizando os diferentes recursos que ten un teléfon móbil ou tableta: pantalla táctil, GPS, acelerómetro, síntese de voz, cámara de fotos, etc.
Ao remate do trimestre poderán desenvolver na tableta aplicacións sinxelas e divertidas realizadas por eles mesmos.

Para alumnos de 1º ano

 

Terceiro trimestre (abril-maio). Impresión 3D

Aprenderase a deseñar pezas sinxelas en 3D e no proceso necesario para imprimilas. Os nenos traballan en diferentes proxectos durante o trimestre, mellorando a visión espacial, as competencias informáticasx e aprendendo as bases da fabricación dixital.

Ao remate os nenos levarán consigo as creacións que teñan impreso: pequenos bonecos, colgantes, etc.

Para alumnos de 1º ano.


Clube de “Ciencia e Tecnoloxía”

Para alumnos do 2º ano

O obxectivo deste seminario é promover a capacidade inventiva dos alumnos, axudándoos a resolver retos que integren tecnoloxía, robótica e ciencia seguindo unha metodoloxía científica. Para motivalos nenos, tentarase formar equipos para participar en diferentes concursos e retos como o  “Concurso de Robótica da Universidade de Vigo”, “Ponteciencia”,  etc…, ademais de asistir a feiras e exposicións desta temática. Expoñeranse diferentes temas e propoñeranse retos para que realicen aqueles que sexan acordes cos seus intereses.

Idade: de 11 a 14 anos.

Duración: sábados, desde outubro a maio, de 12 a 13:30 horas.

O formato do curso componse de actividades curtas, en formato seminario e de resolución de retos. As actividades que se impartirán serán: robótica educativa,  impresión 3D, Arduino, electrónica, mecánica, hidráulica, pneumática, química, etc…

As actividades poderanse cambiar para facilitar a resolución do reto que se propoñan os participantes.

Inscrición en ambas actividades

Deberá cubrir a ficha e enviala e entregala na sede da FANPA ou ben por correo electrónico en actividades@nontedurmas.org

Descargar

Prezo:

  • Socios dunha ANPA federada na FANPA            18 euros/mes
  • Non socios                                                           30 euros/mes

Os cargos en conta pasaranse entre o día 1 e o 5 de cada mes.

Localización:
Sede da FANPA

icon-car.png
Oficina da FANPA

cargando mapa - por favor, espere...

Oficina da FANPA 42.433960, -8.648609 Oficina da FANPA

Comentarios2

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

  1. Hola, estaría interesada en apuntar a mi hija en estas actividades y me gustaría saber en donde se reailizan. Muchas gracias.