Actividade de creación tecnolóxica

promove_robotilab_2016

Está aberto o grupo de primeira hora : Sábados de 10:00h a 11:30h

As actividades do primeiro trimestre comezan xa esta fin de semana, o día 1 de outubro

ACTIVIDADE: “CREACIÓN TECNOLÓXICA”

Actividade anual dirixida a nenas e nenos de 8 a 12 anos.

A actividade comeza en outubro e divídese en 3 trimestres cunha temática distinta cada un. É posible matricularse nun só trimestre, en dous ou nos tres:

1º  TRIMESTRE (outubro a decembro). SCRATCH: CREA UN VIDEOXOGOtablets2

Programación, retoques de imaxe, gravación e utilización de sons coa finalidade de realizar un videoxogo con sons e animación.

2º  TRIMESTRE (xaneiro a marzo). DESEÑA UNHA APP PARA A TÚA TABLET

TabletsUtilizaranse as bases de programación usando os diferentes recursos que ten o teléfono ou a tablet. Ao final levaranse unha aplicación feita por eles mesmos.  Para esta actividade é necesario levar tablet ou teléfono con sistema android.Robot

3º  TRIMESTRE (abril a xuño). IMPRESIÓN 3Dimpresión 3d

Farase o deseño de pezas en 3D, así como aprender o proceso para a súa impresión. Levaranse unha creación impresa como mostra.

Horarios: Poden escoller o horario que máis se adapte ás súas necesidades.

Sábados de 10:00h a 11:30h

Sábados de 12:00h a 13:30h

Lugar de realización: local da FANPA (r/ Xan Guillermo, 9)

Prazo de matrícula: do 5 ao 23 de setembro, enviando a ficha, que publicamos anexa,  cuberta por correo electrónico a actividades@nontedurmas.org ou entregándoa na oficina da FANPA (r/ Xan Guillermo 9).

Grupos: serán dun máximo de 15 asistentes. A FANPA resérvase o dereito de anular a actividade se non se acada un número mínimo de matrículas.

Prezo:

Socios de ANPA federada na FANPA: 18 euros ao mes

Non socios: 30 euros ao mes

Os cargos en conta pasaranse entre o día 1 e o 5 de cada mes.

Inscrición