Actividade de creación tecnolóxica 2017-2018

 

Impresión 3d. 1º ano

Aprenderase a deseñar pezas sinxelas en 3D e o proceso necesario para imprimilas. Os nenos traballan en diferentes proxectos durante o trimestre, mellorando a visión espacial, as competencias informáticas e aprendendo as bases da fabricación dixital. Ao final os nenos levarán as creacións que imprimisen: pequenos bonecos, colgantes, etc.

 

 

Impresión 3d. 2º ano

Neste caso os nenos traballan tentando facer o proxecto dun deseño en 3D e imprimilo ao final do trimestre.

Retos robóticos

Utilízanse robots para realizar diferentes retos: percorridos de dificultade crecente, pelexas de sumo, seguir liñas no chan, recoller obxectos, etc,… O obxectivo é que os nenos se divirtan mentres aprenden conceptos de programación de forma práctica

Informática creativa

O obxectivo deste obradoiro é mellorar as competencias en informática realizando diferentes actividades: retos de mecanografía, tratamento de imaxes, realización de documentos, gravación de son e vídeo, co obxectivo de que utilicen estes recursos para montar un pequeno vídeo sobre un tema que lle interese ao alumno.

Scratch: crea un videoxogo

Os alumnos aprenderán fundamentos de programación, retoque de imaxes, gravación e utilización de sons co obxectivo de realizar un videoxogo con son e animacións, compartíndoo na internet.

 

Deseña unha app para a túa tableta

Neste curso traballaranse as bases da programación utilizando os diferentes recursos que ten un móbil ou tableta: pantalla táctil, GPS, acelerómetro, síntese de voz, cámara de fotos, etc. Ao final do curso poderán levar na tableta aplicacións sinxelas e divertidas realizadas por eles mesmos.

 

 Ficha de inscrición

A inscrición realizarase mediante a presentación da solicitude correspondente na sede da FANPA ou cubrindo o formulario en liña.

A idade mínima para participar é de 8 anos, 2º de Primaria

A actividade comezará o sábado 7 de outubro.

Prezo:

Socios de ANPA federada na FANPA: 18 euros ao mes

Non socios: 30 euros ao mes

Os cargos en conta pasaranse entre o día 1 e o 5 de cada mes.

Descargar

Formulario de inscrición en liña

O enderezo de correo ten que ser correcto
Como indicativo da idade do menor
O número de teléfono debe ir precedido do prefixo internacional español: 34

 

Comments:6

Comments are closed. You can not add new comments.

  1. buenos dias!
    sigue siendo los sabados la actividad?
    rellené el formulario y ahora nos avisareis por email supongo…
    saludos