4º Edición do programa de actividades Mexturanzas

Abaixo publicamos listaxes de admitidos por cada unha das actividades de Mesturanzas, non publicamos listaxes de reserva por ver se se produce algún cambio.Lembren as persoas admitidas que teñen tres días para pagar, no caso de non facer o ingreso pasaremos o seguinte da lista.

IMPORTANTE: ABRIMOS UN NOVO DE GRUPO DE PATINAXE PARA OS SÁBADOS POLA MAÑÁ E TAMÉN UN SEGUNDO GRUPO DE BARRO DEBIDO A GRAN DEMANDA DAS FAMILIAS.

Listaxes:

Obradoiro de barro

Obradoiro de barro 1

Obradoiro de cerámica

Obradoiro de creatividade sensorial

Obradoiro de experimentos

Obradorio de xogos e cancións

Patinaxe CEIP Vidal Portela sábado

Patincaxe venres

Patinaxe sábados Campolongo

Obradoiro de risoterapia

 

Activididade de sendeirismo

Piragüismo

Orientación

Arte e natureza

Ruta arqueolóxica Pontevedra

Ruta da auga Redondela

Ruta vida animal Gafos

Ruta do muíño Almofrei

Ruta dos oficios artesanais

Ruta botánica Lérez

MESTURANZAS é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

 

Actividades 3 a 7 anos

Obradoiro de creatividade Sensorial

Cada sesión xirará en torno a un tema ou historia relacionada cos sentidos (o mundo de olorín oloroso, o captador de sons, o toca-toca, …) co que iremos traballando cos nenos/as a percepción sensorial do seu propio corpo e do mundo que o rodea dunha maneira lúdica e divertida

Obradoiro de xogos e cancións

A través da proposta de diferentes xogos e cancións axeitados ás idades (simbólicos, de roda, de correr, con xestos, rítmicos ….)os nenos/as terán a oportunidade de comunicar, expresar e relacionarse cos iguais nun ambiente san e distendido, desenvolvendo ao tempo as súas capacidades motrices, creativas e imaxinativas.

 

Obradoiro de barro

 

Traballar con barro proporciónalle ao neno/a unha experiencia multisensorial, estimula a súa imaxinación construtiva e desenvolve a súa coordinación dinámica manual : amasamos, estiramos, facemos figuras con churros, bolas, placas…

 

 

Actividades 8 a 12 anos

Obradoiro de experimentos

Os/as nenos/as terán a oportunidade de ver, tocar e entender diferentes aspectos da física, química, bioloxía e astronomia: realizar fabulosas reaccións químicas, saber todo sobre a composición dos alimentos, observar as bactérias ao microscópio, construir pequenos aparatos científicos (densímetros, hidrómetros, ….)

Xogos populares e tradicionais

A partires de xogos de toda a vida, os nenos aprenderán a relacionarse dun xeito aberto, curioso e participativo con outros nenos/as, coñecendo e estimando o seu patrimonio cultural e oral. Habendo tamén un espazo para convidar aos pais e nais a compartir cos fillos/as os xogos que practicaban na súa infancia

Obradoiro de cerámica e modelado

Neste obradoiro o/a neno/a adquirira as técnicas e os coñecementos do modelado básico para traballar libremente a cerámica; achegándoo a busca da expresividade, da creación manual a través do modelado de obxectos tanto utilitarios coma esculturais.

Actividades Pais e nais

Risoterapia e xestión do estres

Este obradoiro quere brindar aos pais e nais un espazo para desfacerse do estres semanal e dotalos de ferramentas e estratexias para saber xestionalo dunha maneira lúdica e creativa.

Danzas do mundo

Un espazo de encontro a través das danzas e as músicas tradicionais de diferentes pobos do mundo. Non fai falta ter experiencia previa, as danzas serán dun nivel inicial e medio en canto a dificultade. 

Actividades en familia

Patinaxe

O obxectivo deste obradoiro e o de divertirse e aprender a patinar en familia con exercicios técnicos propios deste deporte e xogos de todo tipo adaptados e aplicados aos patíns.

Sendeirismo e Tempo Libre

Proporcionar ás familias unha ocasión de convivencia, lecer e coñecemento do noso entorno natural e cultural.

Tríptico mexturanzas

Ficha de inscrición

Ficha de inscrición-pdf

Cambios rutas mexturanzas Cambios rutas

Necesidades usuario/a por actividade