cartel_festa.jpg

1ª Festa do ensino público.

cartel_festa.jpg

Acrostico-1.jpg

Programa

Estimados/as Xuntas Directivas, diríxome a vostedes para presentarlles a proposta da 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO, que vai ter lugar o día 23 de febreiro nos espazos do Mirador de Monte Porreiro, e convidar á comunidade educativa do seu centro, especialmente as familias, xa que todos os centros recibirán a mesma invitación para facerllo chegar ao seu claustro.

O noso obxectivo é facernos escoitar como Comunidade Educativa reivindicando claramente un Ensino Público de Calidade nunha xornada lúdica proposta dende as asociacións de pais/nais. Cremos que todos xuntos, mestres/ mestras, pais/nais, titores, alumnos e toda a sociedade en xeral, debemos loitar con todos os instrumentos que teñamos á man para defender o que é un dereito de todos: A EDUCACION.

O Ensino Público ten graves problemas, e a situación vai empeorando progresivamente. Pensamos que non podemos ficar calados. O Proxecto da Nova Ley de Educación, a reducción drástica de docentes, o incremento de alumnos/as por aula , a disminución de axudas para estudos, libros, becas… Temos mil razóns para defender na medida do posible contra o descalabro do Ensino Público. Se non facemos o posible por paralo teremos en pouco tempo unha educación para ricos e una educación para pobres. Onde estaremos entón todos nós?. Ata agora nos manifestábamos os mestres/mestras por un lado e os pais/nais por outro.É hora de facernos ver todos xuntos.

A proposta é a seguinte:

 

  1. No mes de xaneiro o presidente da FANPA , convocará unha rolda de prensa para dar a coñecer a celebración da 1ª Festa do Ensino Público.

 

  1. A mediados de febreiro colocarase unha pancarta na Ponte dos Tirantes co lema: POR UN ENSINO PUBLICO DE CALIDADE. COMUNIDADE EDUCATIVA DE PONTEVEDRA, na que estarán presentes representantes de ANPAS e representantes de Centros Educativos convidando á presentación do acto a un escritor ou escritora da nosa localidade( pte de confirmar neste intre).

 

  1. 23 de febreiro 1ª FESTA DO ENSINO PUBLICO:

  • 16 hrs: xuntanza no Mirador de Monte Porreiro de pais/nais, mestres/mestras, alumnos/as e calquera persoa que queira estar alí.

  • Roteiro do Ensino Público: propoñemos facer unha marcha dende o Mirador pasando por a UNED, IES Luis Seoane, Escola Infantil, CEI Fina Casalderrey, CEP Marcos da Portela e regreso ao Mirador. Pódese facer en bicicleta, a pé, patins, patinete, cada un como desexe.

  • Arredor das 17:00 h xogos populares, corda, roda, sillas, peletre….desenvolvida por as distintas asociacións de pais/nais (aberta aos mestres que queiran colaborar).

  • Participación musical de alumnos/as, mestres,….

  • Finalizaremos cunha chocolatada para todos/as.

Para poder levar a cabo esta iniciativa estimamos facer unha aportación de 25 € por cada Centro Educativo, aportando a mesma cantidade cada ANPA a conta nº 2080 5403 40 3040119244 da Federación poñendo no ingreso 1ª Festa do Ensino Público e o nome da ANPA que fai o ingreso.

Estes gastos serán para a confección da pancarta, a compra do leite e o chocolate….despois serán debidamente xustificados ante todos os participantes.

Gustaríanos contar coa participación e a presenza do seu Centro. E unha proposta aberta a calquera suxerencia que nos queiran facer chegar, canta máis colaboración teñamos máis posibilidades hai de que o desenvolvemento deste acontecemento sexa do agrado de toda a Comunidade Educativa. Quedamos a súa disposición para calquera dúbida, aclaración ou aportación. Moitas grazas.

Todas as ANPA participantes poderán poñer un posto para recaudar para as súas excursión e festivais, tedes que comunicalo con anterioridade, para preparar o posto, contades con mesas de 2/3 m, e só tedes que traer papel para cubrilas e o produto.

 

Presidente FANPA

Alberto Pita

Colocación pancarta

Modelo circular familias

Carta claustro de profesores