A inicio desde <<           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311

13 visitas neste intre


Nontedurmas.org é o web da FANPA, federada en CONFAPA E CEAPA
Defendemos a escola pública como unha comunidade educativa, laica, democrática, participativa e de calidade.

Últimas novas destacadas


Calendario escolar para o curso 2010/11

Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010-2011, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
En Educación Infantil e Primaria o curso comprenderá dende 10 de setembro de 2010 ao 22 de xuño de 2011, ambos os dous inclusive.
Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato,en formación profesional e ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os
días 17 de setembro de 2010 e o 23 de xuño de 2011, ambos os dous (...) Ler máis



Unha visión fotográfica do FANPA COUNTRYSIDE 2010

Aí vai unha pequena mostra do ben que o pasaron os/as nosos/as rapaces e rapazas no campamento de inmersión lingüística deste verán.
Por certo, esperamos as vosas aportacións aquí na nosa páxina. Ler máis



Subvención para as ANPA de educación infantil e primaria

Convocatoria de subvención para as ANPA para realizar programas de actividades complementarias e extraescolares, que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
IMPORTANTE.
O día límite para entregar a citada subvención é o 1 de outubro.
É imprescindible que a vosa asociación esté inscrita no censo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Esta subvención é compatible con outras subvencións, sin que se supere o custo das actividades. (...) Ler máis



Regulación da reposición do programa de libros de texto para o curso 2010/11

Orde do 25 de agosto de 2010 pola que se convoca e se regula a reposición do programa de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2010/2011 naquelas materias que non cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Ler máis



Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma

Orde do 26 de agosto de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 3º e 4º de educación primaria e en educación secundaria obrigatoria no curso escolar (...) Ler máis